Ficha
Books Frontpage Irmán Rei Artur
  • 20,62 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 160
  • Format: 21x1,1x13,00 cm
  • Edition Date: 2001
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Cosido.
  • Weight: 0,08 kg.
  • Editorial: ED. XERAIS DE GALICIA
  • Irmán Rei Artur

  • 9788483026069
  • Authors: Carlos G. Reigosa, Carlos G Reigosa

  • Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, " A tentación de Lanzarote " , presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflito: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se " A tentación de Lanzarote " libera ó meirande cabaleiro da carga da traizón por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, " Amor de Merlín " , libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa dunha rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer vítima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, " A morte do rei Artur " propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construíra derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .
  • 20,62 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Fantasía Y Realismo Mágico (Infantil/Juvenil):