-
34,13
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 240
- Format: 24x17x3,00 cm
- Edition Date: 2021
- Edition: 25082021
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Cubierta laminada - Con solapas - Libro no co.
- Weight: 0,40 kg.
-
Represión e depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra
análise teórica e estudo por partidos xudiciais, concellos e parroquias (1936-1942)
-
9788412426922
-
-
-
-
-
-
Neste libro sobre a depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra estudamos un proceso que afectou á práctica totalidade do profesorado, salvo algunhas excepcións que quedaron á marxe. Os profesionais máis identificados coas iniciativas socio educativas republicanas foron os que recibiron castigos máis severos. A moitas e moitos profesionais do ensino que sobreviviron á traxedia da guerra civil ou da incivil guerra non lles quedou máis saída que sumirse nun particular e duro exilio interior, do que en boa maneira se beneficiou o franquismo. Os obxectivos deste traballo son: • Analizar as características de dous sistemas educativos enfrontados e antagónicos: a escola republicana fronte á escola franquista. • Profundar nos aspectos de política escolar, reformas e innovacións no período republicano, que axudan a describir, comprender e explicar o posterior proceso de depuración e represión do maxisterio. • Describir os procesos de depuración e represión mediante a análise cuantitativa e cualitativa de todos os implicados. Pola Comisión Provincial de Depuración pasaron arredor de mil oitocentos profesionais do ensino primario da provincia de Pontevedra. • Descifrar as distintas fases da depuración do maxisterio, que ás veces tenden a confundirse. • Constatar as diferentes sancións impostas, que figuran de xeito moi pormenorizado, tanto no corpo do traballo como no anexo final, seguindo unha orde alfabética. • Elaborar a nómina de todos os mestres e mestras da provincia de Pontevedra sometidos ao proceso de depuración. Unha cuarta parte, aproximadamente, dos que pasaron pola depuración foron sancionados. • Recoller noticia dos mestres que foron mortos (paseados, fusilados, etc.), e que roldan a trintena. A nosa intención é contribuír á recuperación da memoria histórica do maxisterio pontevedrés nos anos da guerra e posguerra. Os afectados non foron solo os mestres e mestras, senón tamén as súas familias, os amigos, as relacións máis ou menos extensas. Cabe dar nome e lugar na Historia a todos eles e elas, non sempre aos mesmos, como se tende a facer a miúdo por diferentes motivos. Compartimos neste libro a premisa de Ortega: “O pasado non nos dirá o que debemos facer, senón o que deberiamos evitar”.
-
34,13
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Historia: Acontecimientos Y Temas Específicos:
-
31,08
USD
-
28,75
USD
-
32,21
USD
-
19,96
USD
-
30,29
USD
-
19,57
USD