Ficha
Books Frontpage A festa do Entroido
  • 22,23 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 240
  • Format: 24x17 cm
  • Edition Date: 2014
  • Edition: 12022014
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Weight: 0,22 kg.
  • Editorial: EDICIONES TREA
  • A festa do Entroido

  • 9788415078340
  • Author: Federico Cocho De Juan

  • Se se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a súa desaparición. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non só non desapareceu, senón que se revitalizou nas últimas décadas. Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de século sobre a gran festa de festas que é o Carnaval. Amplía a documentación, incorpora as moitas novidades xurdidas nas últimas décadas ao longo de Galicia e analiza o porqué desa revitalización do Entroido, unha festa interclasista con fondas raíces na cultura popular europea. O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do século XXI. En particular, a través das súas manifestacións máis singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio ás mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos. O primeiro capítulo, As raíces, encadra o Entroido no ciclo festivo e percorre os seus antecedentes históricos romanos e medievais, sen eludir un achegamento ao debate sobre ás súas imprecisas orixes. Polo segundo capítulo, As máscaras, desfilan pantallas, peliqueiros, felos, volantes, boteiros, madamas e toda clase de choqueiros, elementos característicos das mascaradas rurais e símbolos actuais de identidade festiva local. O capítulo terceiro, As comitivas, salienta o papel do Entroido como elemento de cohesión local (veciñal, parroquial) e, ao tempo, como vehículo para o intercambio e a relación social con outras comunidades, como evidencian as comitivas de xenerais e correos do val do Ulla ou os folións da zona oriental da provincia de Ourense, por citar dous exemplos. O Carnaval é tamén tempo de xogos e doutros divertimentos, bromas e actividades lúdicas, específicas ou non desta época do ano. A elas dedícaselles o capítulo cuarto, Os xogos. O último capítulo, Símbolos e sátiras, céntrase nas representacións ou personificacións do Entroido como tempo acoutado para o reinado da burla e da broma, así como nas formas de canalizar a sátira e a crítica sociais. Un tempo especial de inversión de valores. O mundo do revés. Unha festa antiga que entra fortalecida e renovada no novo milenio.
  • 22,23 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock