-
38,31
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 240
- Format: 4,6x15,2x23,39 cm
- Edition Date: 2015
- Edition: 28012015
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa dura - Tela sobre cartón.
- Weight: 1,03874 kg.
-
Semiótica
Textos selectos
-
9788416183142
-
-
-
-
-
-
Semiótica. Textos selectos é unha mostra representativa das reflexións semióticas de Peirce no contexto da súa produción intelectual, o que permite observar como evoluíron ao longo da súa vida as principais ideas que sobre os signos, a semiótica, a lóxica, a filosofía ou o pragmatismo formulou o autor. Estas páxinas salientan por unha banda, a constancia e continuidade dos temas e eixes principais que constitúen a armazón do seu pensamento, manifestado nas múltiples propostas de definición e análise dos elementos fundamentais da súa filosofía (a doutrina das categorías, a importancia do signo, a análise triádica da semiose, o pragmatismo, etc.), e, por outra, os cambios, terminolóxicos e de perspectiva, que algúns deste mesmos temas foron adquirindo co transcorrer do tempo. Na escolma tamén ocupa un lugar moi destacado a correspondencia con Victoria Lady Welby por constituír a presentación máis sintética do pensamento semiótico de Peirce, onde el mesmo revela o que considera as súas principais áchegas semióticas, en particular, e filosóficas, en xeral. O conxunto desta escolma evidencia, finalmente, como a reflexión semiótica e filosófica de Peirce está orientada de xeito primordial a comprendérmonos como seres simbólicos, pois, sen esta reflexión, as outras dimensións que nos caracterizan como humanos (a ética, a estética, a creativa, a científica, a discursiva...) non poder ser nin sequera entendidas.
-
38,31
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Historia De La Filosofía Occidental:
-
56,23
USD
-
25,98
USD
-
32,18
USD
-
34,16
USD
-
32,28
USD
-
22,94
USD