Homepage » Matemáticas Y Ciencia » Física » Unha breve historia do tempo

Ficha
Books Frontpage Unha breve historia do tempo
  • 29,04 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 296
  • Format: 24x17 cm
  • Edition Date: 2018
  • Language: Gallego.
  • Binding: Libro en otro formato - Tapa dura (papelería).
  • Unha breve historia do tempo

  • 9788416954926
  • Authors: Jorge Mira Pérez, Stephen Hawking, José Edelstein Glaubach, Jorge Mira, José Edelstein E Jorge Mira

  • Os clásicos -da literatura e a ciencia, da pintura, da música...- provocan tan intensa sensación de inexorabilidade, tal certeza de que tarde ou cedo serían escritos, pintados ou compostos, que un mundo sen eles resulta inconcibible. É coma se sempre existisen. Malia recoñecerlles unha data de nacemento, persiste a sospeita de que xa estaban alí e os seus creadores apenas se limitaron a escribir, pintar ou compoñer sobre trazos preexistentes. Rozan cotas de perfección que as fan case inhumanas e constitúen puntos de inflexión na historia da cultura que xeran novos paradigma. Este é o caso d’Unha breve historia do tempo, unha obra fundacional, que semella non beber de fonte algunha nin estar contaminada pola influencia de textos anteriores; unha obra na que Stephen Hawking senta as bases do que habería de ser a divulgación científica para centos de libros posteriores, tanto polo estilo e a ousadía de escribir nunha linguaxe accesible sobre conceptos moi abstractos da física de fronteira como polo sinal que deixou sobre moitos outros físicos profesionais. Ninguén mellor ca Hawking para afrontar o desafío de escribir a maior e máis enigmática das biografías: a do Universo observable; do nacemento, o devir e a morte do espazo-tempo. Lonxe de facelo como un historiador fóra de escena, que coñece todos os detalles e se limita a expoñelos con erudición, Hawking detense fronte ás preguntas máis perentorias e difíciles, debullándoas con profunda intelixencia e xuvenil desenvoltura: como naceu o tempo? Por que o Universo ten estrutura? Que ocorre con aquilo que cae nos buratos negros? No ano do falecemento de Hawking, a colección Clásicos do Pensamento Universal enriquécese incorporando á lingua galega un dos textos fundamentais da ciencia de todos os tempos, que foi, ademais, un dos célebres best-sellers do século XX.
  • 29,04 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

The book belongs to the following catalogs