Homepage » Lenguas » Lingüistica » Sociolingüística » Limba noastra-i comoara...

Ficha
Books Frontpage Limba noastra-i comoara...
  • 34,35 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 336
  • Format: 24x17 cm
  • Edition Date: 2018
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
  • Limba noastra-i comoara...

    Estudos de sociolingüística románica en homenaxe a Francisco Fernández Rei

  • 9788416954995
  • Authors: Varios Autores, Mercedes Brea, Carmen Alén Garabato

  • Coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García (1927-2008) en 1991, a área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela deu inicio á ininterrompida tradición de adicar un volume estudos en homenaxe aos mestres que acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar o momento da xubilación. Tras os volumes en homenaxe a Antón Santamarina (2008) e Mercedes Brea (2016), é a vez agora do profesor Francisco Fernández Rei. Este volume ofrecido a Paco ábrese coas achegas de tres dos seus amigos e colegas, que proporcionan un relato persoal e entrañable do percorrido dun investigador e profesor (un cambadés fidalgo e soñador, en palabras de Antón Santamarina) consagrado á dignificación da lingua galega e de Galicia.Tras esta introdución, o libro divídese en tres partes: na primeira atópanse cuestións de sociolingüística xeral e aplicada; na segunda, contribucións moi variadas tanto no que concirne ás ámbitos románicos (seis linguas románicas minorizadas) como ós enfoques e ás temáticas tratadas; na terceira, situacións sociolingüísticas complexas nas que a nación de fronteira (lingüística e/ou política) é determinante.O conxunto serve para poñer de relevo unha das liñas de investigación cultivadas por un catedrático de Filoloxía Románica que, sen descoidar as persoas, estuda as linguas. Pois para Paco, como di o vello poema hoxe convertido en himno, Limba noastra-i o comora: a nosa lingua é un tesouro.
  • 34,35 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock