-
39,55
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
-
-
-
Unit(s)
-
Comprar
Features:
- Pages: 282
- Format: 1,4x21,2x26,80 cm
- Edition Date: 2016
- Edition: 31052016
- Language: Castellano, Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
- Weight: 0,76 kg.
-
Operacións administrativas de compravenda
Operacións administrativas de compravenda
-
9788428338073
-
-
-
-
-
-
Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Administrativas de Compravenda, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.
Operacións administrativas de compravenda aborda a actividade dunha empresa comercial. Comeza presentándolle ao alumnado a empresa segundo diferentes enfoques, como a forma xurídica ou o contorno onde se desenvolve a actividade empresarial, e continúa identificando a documentación que xera a actividade de compravenda e as obrigas do comprador e vendedor. Tamén analiza os custos derivados da xestión comercial, a tributación das operacións mercantís e o cumprimento das obrigas periódicas de presentar as declaracións da empresa na Axencia Tributaria.
Deseguido, identifica os métodos de control de existencias, os tipos de stocks e a xestión de inventarios. Analiza os medios de cobramento e pagamento habituais na empresa, e os documentos xustificativos dos mesmos. Recoñece tamén a importancia da calidade do proceso administrativo e finaliza co desenvolvemento da xestión integrada de compravenda mediante unha aplicación informática.
Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas actividades propostas, resoltas, exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación, de aplicación e de ampliación. Así mesmo, achéganse numerosos documentos mercantís e outros documentos oficiais como contratos ou impresos de liquidacións fiscais, co asesoramento dos regulamentos e leis que rexen as actuacións empresariais, que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia.
En definitiva, Operacións administrativas de compravenda contribúe a que se adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral, aplicando os protocolos establecidos pola empresa.
A autora, Perito Mercantil, cursou estudos nas escolas superiores de Comercio de Vigo e Cádiz. É profesora titular do Departamento de Administrativo no IES Escolas Proval de Nigrán e conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos da familia de Administración e Xestión.
-
39,55
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
-
-
-
Unit(s)
-
Buy
Free shipping to US
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Material Didáctico:
-
10,70
USD
-
10,70
USD
-
10,70
USD
-
10,79
USD
-
10,70
USD
-
10,40
USD