-
16,42
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 240
- Edition: 2008
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
- Weight: 0,20 kg.
- Editorial: EVEREST GALICIA
-
Letramola 2 (galego)
As consoantes: M, m; P, p; L, l; e N, n.
-
9788440310897
-
-
-
-
-
-
Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura. Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos. O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos. No caderno 2 trabállanse as consoantes m, p, l e n a partir das historias protagonizadas pola bruxa Bufina e a fada Lila. Neste caderno avánzase no uso de unidades lingüísticas superiores (sílabas) coa realización de actividades como a de completar palabras con sílabas e non unicamente cunha letra. Respecto ás grafías, ademais da letra soa, incorpóranse sílabas formadas con cada unha das consoantes que se van incorporando. Tamén se introduce a letra ligada, tanto na presentación dos textos como á hora de escribir. Encontramos contos, trabalinguas, adiviñas e outros textos pensados especificamente para a letra que se está traballando en cada ocasión. Ao mesmo tempo, formulamos actividades lúdicas como sopas de letras e encrucillados. A partir deste caderno inclúese unha páxina de recortables (fotografías) que serán necesarios para o traballo dalgunhas fichas. En cada ficha proponse, ademais das actividades individuais, outras previas que pretenden axudar aos alumnos a comprender e a realizar adecuadamente a tarefa que lles demandamos, e a iniciárense no coñecemento das primeiras nocións gramaticais. Ao final do caderno introdúcese unha ficha de avaliación de todo o que se traballou (discriminación visual, escritura de sílabas, lectura e escritura de palabras, etc.), utilizando unicamente letras que os alumnos xa coñecen.
-
16,42
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Didáctica: Estudios Generales/Destrezas De Estudio Generales:
-
13,38
USD
-
10,57
USD
-
12,19
USD
-
9,82
USD
-
13,34
USD
-
9,82
USD