-
15,61
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 240
- Edition: 2008
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
- Weight: 0,14 kg.
- Editorial: EVEREST GALICIA
-
Letramola 6 (galego)
As consoantes:Z, z e R, r. Os grupos -rr- e ch.
-
9788440310934
-
-
-
-
-
-
Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura. Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos. O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos. No caderno 6 trabállanse as consoantes z e r, e os grupos rr e ch. Coma nos cadernos anteriores, faise a presentación a partir de contos e de historias en viñetas. Unha vez finalizado este caderno, estarán traballadas a maior parte das letras do abecedario, feito que supón un paso considerable neste proceso de aprendizaxe da lectoescritura, porque nos permite formular actividades unha miguiña máis avanzadas (ordenar letras para formar unha palabra, lectura e escritura de frases, copia de textos, etcétera), sempre, como é natural, facendo previamente o traballo secuenciado para cada letra. Os tipos de texto que figuran neste caderno son contos, viñetas, adiviñas, diálogos teatrais, trabalinguas e poemas. Preséntanse en letra ligada, que é tamén a que se lles pide aos alumnos para escribir con pauta. Tamén se ofrecen encrucillados, sopas de letras e frases con pictogramas. Como ocorre noutros cadernos, engádese ao final unha folla de recortables, necesarios para realizar algunhas das fichas. En cada ficha porpóñense, ademais das individuais, unhas actividades previas que pretenden servir de axuda para comprender e para realizar adecuadamente a tarefa que se demanda, e para que se inicien no coñecemento das primeiras nocións gramaticais (xénero, número, aumentativo e diminutivo, as persoas verbais...). Remata o caderno cunha ficha de avaliación con actividades relacionadas coas consoantes e cos grupos traballados.
-
15,61
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Didáctica: Estudios Generales/Destrezas De Estudio Generales:
-
13,29
USD
-
11,17
USD
-
12,12
USD
-
9,93
USD
-
13,11
USD
-
9,83
USD