-
13,79
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
Features:
- Pages: 240
- Edition: 2013
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
- Weight: 0,34 kg.
- Editorial: EVEREST GALICIA
-
Matemola 4
-
9788440312495
-
-
-
-
-
-
Este é o cuarto caderno dos seis que forman a colección ""Matemola"", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático.
Comeza este caderno coa presentación do número 6 para, deste xeito, continuar co traballo da serie numérica.
Seguimos a propoñer actividades para avanzar na adquisición da noción de ""cantidade"" (relación cantidade-grafo, representación gráfica da cantidade...). Ademais, iniciamos o estudo dos ordinais, amosándolle ao alumnado outro aspecto do número que lle permite ordenar os obxectos dunha serie tendo en conta a posición.
Así mesmo, para lle seguir axudando ao neno no proceso de adquisición da noción de cantidade, seguirán a traballarse os cuantificadores (mais que/ca, menos que/ca, igual), que permiten a construcción de igualdades numéricas entre o numéro de elementos de dous conxuntos.
Introducimos tamén a suma a partir da representación gráfica do proceso secuencial, que supón unha modificación da cantidade inicial mediante a acción de ""engadir"". Este proceso consta de tres pasos: estado inicial, a acción ou a transformación, e o estado final ou resultado.
Incorporamos novos atributos relativos á cor (morada, gris), ao tamaño (grande, mediano, pequeno) e á medida (ancho-estreito; alto-baixo), mantendo as clasificacións e as seriacións, a partir de dous atributos, nas actividades de Lóxica.
Preséntase e trabállase outra forma plana: o rectángulo, co fin de descubrir as propiedades desta figura xeométrica, que permitan a súa identificación en distintos contextos, así como a súa representación gráfica.
Para seguir ampliando o coñecemento do neno verbo do espazo e mais dos obxectos que o rodean, engadimos neste caderno conceptos espaciais novos (aberto-pechado; xunto-separado; arredor). En canto á medida do tempo, continuamos a traballar a partir de situacións do ritmo da vida cotiá.
Para rematar, presentamos un xogo para repasar, de xeito lúdico, os principais contidos matemáticos desenvolvidos ao longo deste caderno.
-
13,79
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Didáctica: Matemáticas Y Numerización:
-
10,60
USD
-
10,60
USD
-
10,60
USD
-
10,60
USD
-
10,99
USD
-
10,60
USD