Homepage » Sociedad Y Ciencias Sociales » Sociedad Y Cultura: General » Filosofia E Ciudadania. 1. Bacharelato

We will find it for you!
If you are looking for this book and not have stock, we will seek for you at no extra cost.
Just leave us your email, we will contact you as soon as we find it.

LOOK FOR ME!


Do not worry, we'll only contact you to let you know when we have the book. In any case your mail will be transferred to third parties or send you advertising or spam.
Ficha
Books Frontpage Filosofia E Ciudadania. 1. Bacharelato
  • 63,83 USD

  • * Free shipping to US.


  • Not available
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 320
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Libro.
  • Weight: 1,00 kg.
  • Filosofia E Ciudadania. 1. Bacharelato

  • 9788448169978
  • Authors: Moisés Lozano Paz, Lozano

  • Presentación «Unha viaxe de dúas mil leguas comeza co primeiro paso» Lao Tsé (século VI a. C.) Atende uns minutos, por favor: estámosche ofrecendo un texto de filosofía e cidadanía. Os nosos primeiros pensadores gregos atribuían grande importancia non só á filosofía, senón tamén á educación dos cidadáns e á súa participación activa na política. Probablemente, a publicación che impresione un pouco, pois o libro parece algo voluminoso e trátase dunha materia nova para ti. Pero non te inquietes demasiado, pois o teu profesor ou profesora che axudará e, seguindo as súas instrucións, percorrerás con ánimo as sendas das ideas e do pensamento. Isto quizais sexa o máis elevado e nobre de canto a humanidade concibiu. Sen embargo, o proxecto resultarache fácil, xa que case nada que valla a pena o é. Para facelo sinxelo e doado serve calquera, e ti sabes que ningunha persoa debe conformarse con ser «calquera». Pola contra, todo ser humano debe procurar ser el mesmo e, para iso, como podes supor, é necesario realizar algún que outro esforzo. Convidámosche, pois, a iniciar o itinerario da filosofía. Trátase dun camiño entretido e ameno, para o que resultará conveniente dispoñer dun tempero moral case tan elevado como o dos deportistas, que che permitirá acadar a liberdade e a responsabilidade. Imaxina aos ciclistas nunha carreira por etapas, como por exemplo, a volta a España. Xunto ás lánguidas e plácidas chairas polas que o pelotón marchará radiante e compracido, presentaranse tamén días agrios: vento, chuvia e outras inclemencias climáticas. Ás veces serán necesarias certas doses de coraxe e valentía para afrontar os temerarios descensos e, noutras ocasións, haberá de enfrontarse a empinadas estradas, nas que o ánimo, asfixiado pola fatiga e entumecido polo esforzo, reclamará alivio e empuxarao a reducir o ritmo. Mais o bo ciclista sabe resistir, superar os malos momentos e continuar xubiloso cara á meta. Presentámosche, pois, as trece etapas do noso libro, cuxo denominador común é a filosofía e a educación cidadá. Daraste conta de que no percorrido que trazamos vaise debuxando o desenvolvemento dunha actividade reflexiva e crítica que, a partir das achegas das ciencias e doutras disciplinas, presenta ante os teus ollos unha paisaxe acerca do que é o ser humano en todas as súas dimensións. Tras un primeiro contacto coas propostas éticas da ensinanza obrigatoria, tamén unidas á idea de cidadanía, inicias agora unha aproximación sistemática á filosofía e ao desenvolvemento da cidadanía ao longo da historia. O estudo das dúas grandes dimensións da racionalidade —a súa vertente teórica e a súa vertente práctica— deixa paso á consideración dos problemas e preguntas fundamentais que formulou a filosofía ao longo da súa historia. Observarás que todo o libro está impregnado desa razón práctica filosófica, con redobrados contidos éticos e políticos. A través de todos eles, vaise forxando a idea desa cidadanía crítica, libre, tolerante, solidaria, activa e democrática. Ao contrario que os ciclistas da nosa carreira, non estarás obrigado a percorrer todas as etapas, xa que o profesor ou profesora deseñará a ruta máis idónea para ti, seleccionarás os contidos máis axeitados ou que máis che interesen e subministrarache os avituallamentos necesarios. Pero, claro está, ti tamén terás que esforzarte. Nin o teu profesor ou profesora nin nós podemos pedalear por ti, polo que, en último termo, o verdadeiro traballo correrá da túa conta. Adiante, polo tanto! Animámosche a facer acopio de espírito deportivo, fincarte nos pedais e esforzarte con optimismo. E, se xorden dificultades e se che insinúa a tentación de desfalecer, eleva a vista e renova o ánimo, pois mirando cara ao alto descubrirás que a próxima chegada se atopa ao alcance da túa man. Os autores
  • 63,83 USD

  • * Free shipping to US.


  • Not available

The book belongs to the following catalogs