-
17,60
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
-
-
-
Unit(s)
-
Comprar
Features:
- Pages: 160
- Format: 21x14 cm
- Edition Date: 2002
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Libro de cartón - Con solapas.
- Weight: 0,21 kg.
- Editorial: ED. XERAIS DE GALICIA
-
O Pazo Baleiro
-
9788483027486
-
-
-
-
-
-
A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor -que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso-, un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoias e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acudirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas. Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferenza pois o misterio comézao Delio, que é o retrato dun ser marxinal, extravagante, incomprendido, pero apaixonado polo seu traballo e cómplice co seu sobriño, a quen lle demostra que o importante é actuar como un pensa. En O Pazo Baleiro, como nas mellores novelas de aventuras, o lector ou a lectora sente que hai algo prohibido. Unha novela de corte clásico que de seguro ha cumprir un dos desexos do autor. " Gústame pensar que para cada libro que escribo existe alguén a quen lle gusta lelo " .
-
17,60
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
-
-
-
Unit(s)
-
Buy
Free shipping to US
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Ficción General (Infantil/Juvenil):
-
26,86
USD
-
19,46
USD
-
11,97
USD
-
11,09
USD
-
26,64
USD
-
14,84
USD