-
22,98
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
-
-
-
Unit(s)
-
Comprar
Features:
- Pages: 144
- Format: 20x13 cm
- Edition Date: 2002
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Libro de cartón - Con solapas.
- Weight: 0,14 kg.
- Editorial: ED. XERAIS DE GALICIA
-
No corazón do bosque
-
9788483027493
-
-
-
-
-
-
Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise esgotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que procedían da súa mochila, descubrindo que alí había un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrín, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus monecos, para que ninguén o descubrise. Derdrín é un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. Derdrín ten 300 anos de idade. É moi valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos. Tódolos días, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as súas aventuras, ata facérense moi bos amigos. Nas festas de nadal, Derdrín disfrázase de Papa Noel. Pero terá saudades do seu bosque, e da súa amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben. No corazón do bosque, o libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado fermosamente por Miguelanxo Prado, é unha historia de seres fantásticos, onde trasnos, aneis máxicos con poderes, seres invisibles desenvólvense sobre a atmosfera natural da fraga do Eume. Como é habitual nas obras de Fernández Paz, neste libro tamén se abordan outras cuestións de interese para os lectores de oito anos en diante. A convivencia dentro da familia, os conflitos dentro da aula, os problemas económicos, a amizade e a soidade, os problemas ecolóxicos ou do medio ambiente. O eixo do libro está constituído, pois, polo encontro dunha nena de hoxe cun ser tan característico do mundo mítico galego (e tamén do peninsular e europeo) como é o trasno.
-
22,98
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
-
-
-
Unit(s)
-
Buy
Free shipping to US
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Relatos De Aventuras (Infantil/Juvenil):
-
14,86
USD
-
24,19
USD
-
24,19
USD
-
27,04
USD
-
13,56
USD
-
13,56
USD