Ficha
Books Frontpage O trasno de Alqueidón
  • 16,35 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 72
  • Format: 19x14 cm
  • Edition Date: 2002
  • Edition: 2
  • Language: Gallego.
  • Binding: Libro de cartón - Con solapas.
  • Weight: 0,12 kg.
  • Editorial: ED. XERAIS DE GALICIA
  • O trasno de Alqueidón

  • 9788483027554
  • Authors: Miguelanxo Prado, Marilar Jiménez Aleixandre, Marilar Aleixandre

  • Este libro está formado por tres contos: " O trasno de Alqueidón " Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man. " Neve na Amaía " Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico. " Chave de Ponte, Chave de Carballo " Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.
  • 16,35 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Relatos De Terror Y Fantasmas, Obras De Suspense (Infantil/Juvenil):