-
34,29
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 210
- Format: 21x14 cm
- Edition Date: 2005
- Edition: 01082005
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Bolsillo (España) - Trade paperback (EE.UU).
- Weight: 0,54 kg.
- Editorial: LAIOVENTO
-
Curso de lingüística xeral
-
9788484870777
-
-
-
-
-
-
Na liña de situarmos a cultura galega no mesmo nivel que outra do seu contorno, Edicións Laiovento congratúlase en presentar ao público lector de Galiza unha referencia básica no pensamento contemporáneo, cal é este Curso de lingüística xeral de Ferdinand de Saussure. A obra, publicada postumamente polos seus discípulos Charles Bally e Albert Sechehaye en 1916 baseándose nos apuntamentos dalgúns alumnos, marca un fito na investigación sobre o fenómeno lingüístico, pois supón o nacemento da lingüística como ciencia: conceptos tan recorrentes e até tan contestados na literatura especializada como sincronía e diacronía, lingua e fala, signo lingüístico, significante e significado, lingüística interna e lingüística externa, relacións paradigmáticas e relacións asociativas etc., deben a Saussure, en boa medida, a súa circulación, e son, desde as diferentes perspectivas con que os entenderon os lingüistas posteriores, nocións fundamentais para a reflexión lingüística. A rigorosa tradución, realizada por Xosé Manuel Sánchez Rei, vai acompañada dun estudo introdutorio, tamén feito por este autor, sobre a figura e obra de Saussure, o estado da especulación científica na altura e a situación da lingua e da lingüística galega na época en que sae do prelo a primeira edición do Curso. Edicións Laiovento aspira con esta publicación a reivindicar, en galego, a relevancia que tivo o Curso de lingüística xeral de Ferdinand de Saussure para a modernización das pesquisas de carácter lingüístico, sen cuxo legado se non podería comprender o desenvolvemento da lingüística ao longo do século XX.
-
34,29
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Lenguas:
-
54,05
USD
-
42,58
USD
-
20,87
USD
-
12,70
USD
-
20,47
USD
-
13,16
USD