Ficha
Books Frontpage Margot Sponer
  • 30,77 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 128
  • Format: 21x14x6,00 cm
  • Edition Date: 2017
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Libro - Bolsillo (España) - Trade paperback (EE.UU) - Tapa blanda / Bo.
  • Margot Sponer

    Do galego antigo ás fronteiras da resistencia

  • 9788484873761
  • Author: Antón Figueroa Lorenzana

  • Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte á que nunca se someteu. Neste estudo inténtase reconstruír, de maneira entrecortada –os datos son irregulares–, unha vida de investigación, pero tamén de dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín, Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media. Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo pagou coa súa vida por defendelos. Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa memoria.
  • 30,77 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

The book belongs to the following catalogs

Other books in the subject Literatura: Historia Y Crítica: