Homepage » Biografía E Historias Reales » Historias Reales » Nuredin o taxista e Amedine o pintor

Ficha
Books Frontpage Nuredin o taxista e Amedine o pintor
  • 27,66 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 210
  • Format: 21x14x1,00 cm
  • Edition: 05042019
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Libro no cosido / Encuadernación arráfica / P.
  • Nuredin o taxista e Amedine o pintor

    Crónicas e figuracións dun transmundo colonial

  • 9788484874409
  • Author: Xosé Manuel Beiras Torrado

  • Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada, cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelo case ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapucha para ser un tal. Era o Nuredin. Falaba un francés moi comprensíbel, menos mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríume baixarmos ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estrada da beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade a aquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botou un sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedes grandocho, modelo ano de catapún, confortábel só que moi vencido –ouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchas curtas, mais andaba ben. Polo camiño, dabame espricacións breves sobre lugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentos que viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesa máis recente, inda onte coma quen di. “Fomos un país ocupado, e nótasenos aínda hoxe” –dixo de sócato nunha desas, como sen querer, e botoume unha inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexo da miña reacción. Mal sabía el a quen estaba a dicirllo, mais mudoulle a cara a unha expresión de alivio cando viu no espello o meu divertido sorriso irreprimidamente cúmplice.
  • 27,66 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Historias Reales: