Ficha
Books Frontpage A muller de lona
  • 26,70 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 210
  • Format: 21x14x1,30 cm
  • Edition Date: 2022
  • Edition: 01062022
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Libro no cosido / Encuadernación arráfica / P.
  • Weight: 0,335 kg.
  • A muller de lona

  • 9788484875840
  • Author: Alberte Santos Ledo

  • O mesmo día no que Hipólito Foxo, o único empregado dun aparcadoiro, empeza a redacción de dúas cartas ás mulleres coas que convive clandestinamente para rachar cunha delas, recibe a sospeitosa chamada da súa xefa que o arrastra a unha situación que non ambicionaba e da que non sabe saír. O protagonista da novela enfróntase a dúas encrucilladas, a sentimental e a laboral, inspirándose na modelo publicitaria, a quen lle da voz, que protagoniza a campaña de inverno duns grandes almacéns. Hipólito, un home cada vez máis ausente do seu hábitat, converte a procura de respostas nunha sorte de resistencia individual fronte a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica que esmaga a través das mensaxes publicitarias do mundo actual a súa individualidade. A presenza da modelo na fachada dos grandes almacéns axúdalle durante 28 días a enfrontar a enxurrada de dúbidas e ameazas que amosan a vulnerabilidade do home actual fronte ao pensamento e os patróns dominantes das grandes campañas de publicidade. A novela resolve con doses de humor e unha marea ben argallada de personaxes as relacións do protagonista coa súa propia contorna: as súas parellas, os seus colegas de traballo, os vellos compañeiros da escola de FP, a veciñanza, un comunicante anónimo, ... O autor fai un intenso exercicio de experimentación no seu proceder narrativo, propoñendo unha estrutura para o relato chea de virtudes que dinamizan, ao tempo que ensanchan, a mirada do lector ante unha historia en constante movemento. “Mirar a vida a través dos ollos de Hipólito -din o xornalista Ramón Rozas autor do limiar que antecede a novela-, dende o seu refuxio laboral entre choivas, fríos e coches é poñerse ante un cantil dende o que arroxar unha botella ao mar. Palabras enchoupadas de soidades que procuran resistir unha oleaxe cada vez máis forte, como a que plantexan estes días, os días nos que vivimos, os días nos que resistimos”.
  • 26,70 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Ficción Moderna Y Contemporánea: