Ficha
Books Frontpage Papiroflexia iniciación
  • 23,37 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 60
  • Format: 24x20 cm
  • Edition: 2009
  • Language: Gallego.
  • Weight: 0,36 kg.
  • Editorial: BAÍA ED
  • Papiroflexia iniciación

  • 9788492630080
  • Authors: Vicente Palacios Garrido, Vicente Palacios

  • A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunha recoñecible significación, mediante a pregadura -preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente, na idea de creación do nada. Non podemos crear -evidentemente- do nada, pero si de case nada.;Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo das formas, do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escaso valor, da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple. Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás en casos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo necesario.;Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máis ambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incrible complicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentemente mediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria, ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Desta forma podemos dicir que a arte "avanza" obxectivamente.;O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesión de debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente en papiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos en cada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacional que todas e todos podemos entender facilmente.;A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora, e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares ou circunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite así mesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade.;En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla de papel coa súa perfección, e aplicaban a imaxinación e a habilidade para engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a unha arte común a todos.;O principiante precisará saber como obter un papel cadrado a partir doutras formas. Ou o de formas xeométricas regulares. Ou de diferentes proporcións, para o que poderá necesitar de regra, escuadras, tesoira, círculo ou semicírculo graduado... Aquí empezaremos mostrando o máis necesario.;Precisará tamén observar como se prega ben ou mal unha folla, para poder así depurar a súa propia forma de pregar.;Dentro do libro veremos 28 modelos de figuras ordenados polo seu grao de dificultade, moi aptas para o principiante.
  • 23,37 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Pasatiempos, Adivinanzas Y Juegos (Infantil/Juvenil):