We will find it for you!
If you are looking for this book and not have stock, we will seek for you at no extra cost.
Just leave us your email, we will contact you as soon as we find it.

LOOK FOR ME!


Do not worry, we'll only contact you to let you know when we have the book. In any case your mail will be transferred to third parties or send you advertising or spam.
Ficha
Books Frontpage A irmandade da uva
  • 26,88 USD

  • * Free shipping to US.


  • Not available
    • -

    • Unit(s)

Features:

  • Pages: 200
  • Format: 20x13,5 cm
  • Edition Date: 2013
  • Edition: 01092013
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Weight: 0,24 kg.
  • A irmandade da uva

  • 9788494121142
  • Authors: John Fante, Benxamín Constante, Adrián Estévez Iglesias

  • A irmandade da uva, igual ca o resto da obra de John Fante, non obtivo de primeiras nin a repercusión nin o éxito que, como cabe imaxinar, o autor italo-americano lle desexaba. Foi décadas máis tarde, grazas ao feito de que Charles Bukowski o amentase como referencia fundamental e dese en demostrar a admiración pola súa obra, cando gañou dunha sentada milleiros de lectores, e esta novela, a última escrita da súa man (antes de morrer publicaría outra que lle ditou á muller por mor da súa cegueira), tornou en texto fundamental para entender a traxectoria de quen adoita ser cualificado como precursor do realismo sucio.;Narrada cun estilo directo e escasos enfeites estilísticos, a voz narrativa de Henry Molise, o alter ego de Fante, aborda a súa historia familiar cunha mirada adoito retrospectiva. Deste xeito, o autor trata, máis unha vez, os temas que máis o obsesionaban, coma tal, a pobreza, a incomunicación, os conflitos familiares, o peso abafante do catolicismo ou as dificultades para se facer un nome no mundo das letras. Así mesmo, cómpre non esquecer que a escrita supuña para Fante, en certa maneira, unha válvula de escape, pois malia a pátina de ficción que forzosamente imprimía ás súas creacións, non renuncia á carga autobiográfica que deita no seu personaxe protagonista, isto é, un pai alcólico, a fuxida da casa na mocidade, as penurias e os axustes de contas literarios, a redacción de guións cinematográficos, algunhas das experiencias amorosas e sexuais que viviu ou as súas orixes italianas.
  • 26,88 USD

  • * Free shipping to US.


  • Not available

The book belongs to the following catalogs

Other books in the subject Ficción Moderna Y Contemporánea: