Homepage » Literatura Y Estudios Literarios » Prosa: No Ficción » Memorias dunha vaca marela

Ficha
Books Frontpage Memorias dunha vaca marela
  • 32,53 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 240
  • Format: 24x16,5x1,80 cm
  • Edition Date: 2018
  • Edition: 04052018
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
  • Weight: 0,50 kg.
  • Editorial: HÉRCULES
  • Memorias dunha vaca marela

  • 9788494861918
  • Author: Afonso Eiré López

  • "Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...". Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial. Desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica; desde o pacer no monte, a aparición do pastor eléctrico e a estar todo o día estabuladas; desde a chegada das vacas pintas, á desaparición das vacas marelas. "Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar de Lucenza". E A Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e sabiduría de telo vivido. Desde os anos que se facían cartos vendendo o leite á ruína dos gandeiros e o peche continuo das granxas. Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría de narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... Ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca!. A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa. Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois ollaranse nel, dun xeito ou doutro, retratados. Deixouno escrito Castelao: "O día que saibamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida".
  • 32,53 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Prosa: No Ficción: