-
55,12
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
Features:
- Pages: 240
- Format: 24x17x4,50 cm
- Edition Date: 2018
- Edition: 13122018
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Libro no cosido / Encuadernación arráfica / P.
- Weight: 1,50 kg.
-
O ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo
Colaboracións xornalísticas
-
9788494959011
-
-
-
-
-
-
Co título de O ollar clarividente de Isaac, ofrecemos unha recompilación dos seus artigos xornalísticos, dos que temos rexistrados 514, desde o ano 1963 ata o 2009, nos xornais A Nosa Terra de Bos Aires, Faro de Vigo, La Región, El Progreso, El Correo Gallego e, fundamentalmente, La Voz de Galicia. Os do Faro de Vigo e El Progreso levaban todos o título xenérico de “Olladas dende o Atallo ao Camiño dos Mortos”. Nos de La Voz de Galicia o título da sección comezou sendo “Bloc de Notas”, pasou a ser “ De sol a Sol”, desde 1993 “Crónicas Inconformistas de Fin de Século” e, co cambio da centuria, desde 2001, “Crónicas Inconformistas”. Deses 514 artigos tan só 12 foron escritos en castelán. Os demais todos en galego, un galego bastante ortodoxo, cun moderado arrecendo diferencialista e aberto aos empréstitos do portugués, pois unha tese defendida en moitas destas súas crónicas é que a lingua galega nos chegou por tradición oral e se converteu nunha lingua deturpada e perseguida polo castelán, que nos deixou “este castrapo no que escribo”. O título desta colección de artigos, O ollar clarividente de Isaac, está inspirado na ilustración da tapa do libro: eses ollos grandes, decote presentes nos cadros e deseños de Isaac, que nos miran interrogantes na procura dunha explicación que nós non temos. Son eses ollos de Isaac que o ven todo e que non deixaron nunca de escrutar a cara oculta das aparencias que nos rodean. Eses ollos que non son ollos porque os vexamos, senón que son ollos porque nos ven. A maioría dos artigos tratan de asuntos da historia de Galicia e da súa lingua como factor identitario da nosa tradición. Como adiantado que foi da visión ecolóxica son reiterativos os seus artigos sobre os incendios forestais, os recursos minerais, a plantación de eucaliptais, a arquitectura rural e a súa profunda e constante preocupación polo espolio que dos nosos recursos naturais e culturais se levou a cabo con Galiza a través de séculos… En denitiva, o fío condutor nos traballos xornalísticos de Díaz Pardo xiran sempre sobre temas de xustiza social, da memoria da República, do Seminario de Estudos Galegos e da restauración da dignidade dos vencido na Guerra Civil. En opinión dos editores deste compendio, os artigos xornalísticos de Isaac Díaz Pardo teñen un valor perenne, que é o que nos alentou para coleccionalos e pasalos da folla de xornal ao formato de libro moderno.
-
55,12
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Sociedad Y Cultura: General:
-
35,48
USD
-
24,58
USD
-
26,74
USD
-
23,52
USD
-
33,28
USD
-
17,05
USD