-
24,63
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
Features:
- Pages: 128
- Format: 20x19 cm
- Edition: 2006
- Language: Castellano, Gallego, Inglés.
- Weight: 0,48 kg.
- Editorial: BAÍA ED
-
Terra e Nostalxia
Galicia rural
-
9788496526518
-
-
-
-
-
-
Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser un receitario para recoñecernos no noso propio e infindo escenario. Territorio da "Galiza santa de romeiros e xoglares..." que cantou Cabanillas. Por moito que non se queira, parte nosa, a que, a pesares dos medos e das negacións, gardou as esencias da identidade e co esforzo do traballo ou da emigración, resistiu e nos fixo posibles. Fito e referente de futuro.;Ao pasar as páxinas deste libro, entre foto e foto, é como se abriramos xanelas ao espírito da terra, para atoparnos co maxestático e intemporal Nós que fomos e somos. Introducímonos aquí nun permanente convite de luces e sombras. Materia prima, abecedario, catecismo, para educar a ética e a estética fóra da domesticación consumista. Certo é que á natureza non podemos mellorala, pero si respectala. Cousa que os de antes tentaban, devotamente nela poñían aos deuses e ás deusas.;Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida. (...);Como recomendación para a viaxe de internarnos no escenario do Nós, cómpre repetir as teimas do sabio don Ramón Otero Pedrayo: andar polo mundo coa mochila do saber sentir, de "enxergar" con todos os sentidos postos o "devalar", ese permanente devir heraclitiano: todo cambia, nós tamén e sempre entre esas rodas que enredan en bucles de espirais pasado e presente. Soamente poñendo todos os sentidos no seu sitio, tamén os da intuición poderemos introducirnos nunha especie de viaxe iniciática, de "Xogo da Oca", entre paisaxes e paisanaxes, para esvaecer brétemas e sombras, para recoñecer vellos camiños e sentirnos parte animista, panteísta dese devalar: vieiro, congostra que serpea polos ermos, entre as espesas fragas, atravesando por pontes antigos ríos que sempre van ao océano da Atlántida... vellos camiños, feitos polos pés dos camiñantes, vixiados por mosteiros, ermidas ou castelos. (...);Nese andar pola vida temos comprobado, como é xente de fóra a que mellor recoñece e nos fai ver, enxergar, partes do Nós. Eles, como se de magos se tratara, introdúcennos naquilo que non nos prestamos a entender, a pesares de ser parte nosa. Namentres nos perdemos noutras alleantes e alineantes mimeses. Este é o caso de Gwendolyn Luo, ela que vén das casas do sol nacente, acende aquí, nos pétreos altares do solpor, en nós, conciencias alampeantes. (...);(...);Nós somos e seremos parte diso, e aquí, neste principio e fin, antes, agora e futuro, atopámonos. Un xeito de sacerdotisa do extremo oriente, coa súa cámara, fíxonos entender mellor o noso extremo occidente.;(extraído do Prólogo realizado por Felipe-Senén López Gómez)
-
24,63
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Geografía:
-
44,01
USD
-
53,35
USD
-
71,93
USD
-
51,54
USD
-
79,70
USD
-
46,28
USD