Homepage » Infantiles, Juveniles Y Didácticos » Material Didáctico » Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

Ficha
Books Frontpage Operacións auxiliares de xestión de tesouraría
  • 46,56 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)
    • Comprar

Features:

  • Pages: 284
  • Edition Date: 2016
  • Edition: 1ª ed.
  • Language: Castellano, Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
  • Weight: 0,76 kg.
  • Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

    Operacións auxiliares de xestión de tesouraría

  • 9788497329828
  • Author: Modesto Rozas Lozano

  • Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Auxiliares de Xestión de Tesouraría, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro. Operacións auxiliares de xestión de tesouraría iníciase cunha introdución ao sistema financeiro español que facilita o coñecemento dos instrumentos e mercados, así como das institucións que operan en dito sistema. A continuación, trátanse os medios de cobramento e pagamento, e diferentes elementos de control de tesouraría. Deseguido, explícanse os cálculos propios das operacións financeiras, desde as leis de capitalización simple e composta ou o desconto comercial, ata as rendas e a liquidación de préstamos. O libro remata cunha parte dedicada ás operacións de seguros. Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas actividades resoltas e exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación (tests para a toma de conciencia do grao de dominio da materia), e de ampliación (casos propostos con solución final). Así mesmo, achéganse ao longo das diferentes unidades actividades propostas, para que o profesor dispoña dunha ferramenta adicional que complemente a explicación teórica. En definitiva, Operacións auxiliares de xestión de tesouraría contén a formación necesaria para habilitar o alumnado para a realización das operacións administrativas propias do procedemento de xestión de tesouraría necesarias para a adecuada dirección financeira da empresa. O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Formación Profesional e Bacharelato da rama Administrativa. Ademais, desempeñou cargos directivos durante varios anos e, actualmente, compaxina a actividade docente coa Coordinación de Programas Internacionais, xestionando prácticas laborais no estranxeiro para alumnos de ciclos formativos.
  • 46,56 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
  • -


  • Unit(s)
  • Buy
    Free shipping to US