-
85,42
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 1248
- Edition Date: 2004
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Weight: 1,50 kg.
- Editorial: ED. XERAIS DE GALICIA
-
Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX)
Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo
-
9788497822206
-
-
-
-
-
-
Esta impresionante obra do profesor Antón Costa Rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de Galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. Importantes personaxes, institucións educativas e culturais, iniciativas e obras intelectuais e literarias saen á luz nuns casos, ou son examinadas no cadro da sociedade galega e nos contextos hispano e europeo, cando é oportuno. Unha obra que constitúe unha detida análise dos procesos educativos e culturais en Galicia no tempo da historia antiga, durante a alta e baixa Idade Media, no renacemento, ao longo do Antigo Réxime e da Ilustración, así como os dous últimos séculos da historia de Galicia. A materia de estudo, as súas formas, os libros e os textos, as idades escolares, a biblioteca, as institucións, os intercambios dos galegos con Europa e América, o papel da Igrexa Católica entre nós, os conflitos culturais, a incoporación dos avances e das reformas científicas, isto é, unha visión poliédrica do que fomos desde o ángulo educativo e cultural, unha historia social do coñecemento en Galicia, co trasfondo da historia cultural e educativa europea.;Prologada por Xosé Ramón Barreiro Fernández e por Agustín Escolano Benito, a obra componse de dez capítulos, cun extraordinario acompañamento de notas críticas e de referencias bibliográficas, unha antoloxía de textos literarios e pedagóxicos acaídos e amplos índices analíticos, onomásticos, toponímicos, de obras e de institucións citadas no texto, máis unha biografía xeral.;Unha obra fundamental de estudo, de referencia e de consulta obrigada, sobre a nosa historia cultural e educativa, elaborada con criterio académico e tamén marcadamente didáctico, de interese para profesores de todos os niveis educativos, estudosos, curiosos e lectores no campo da historia, da literatura e a filoloxía, a filosofía e a educación.
-
85,42
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Historia De La Educación:
-
43,24
USD
-
32,94
USD
-
40,79
USD
-
28,42
USD
-
24,16
USD
-
27,81
USD