Homepage » Biografía E Historias Reales » Biografía: General » Castelao na luz e na sombra (gb)

Ficha
Books Frontpage Castelao na luz e na sombra (gb)
  • 61,21 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 150
  • Edition Date: 2012
  • Edition: 17052012
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa Dura.
  • Weight: 0,92 kg.
  • Editorial: GALAXIA
  • Castelao na luz e na sombra (gb)

  • 9788498654349
  • Author: Valentin Paz-Andrade

  • Biografía dunha das figuras fundamentais da historia de Galicia, Castelao na luz e na sombra tamén retrata un período importante da historia do noso país a través dun dos seus protagonistas. Paz-Andrade combina o papel de biógrafo co de historiador, a erudición e a documentación co pulo e a vocación literaria. Amais do poemario Pranto matricial e dun considerable número de ensaios e artigos, Valentín Paz-Andrade dedícalle ao autor de Sempre en Galiza a súa monumental biografía Castelao na luz e na sombra. Escríbea entre abril de 1980 e outubro de 1981;o libro publícase o ano seguinte, cando o autor xa pasa dos oitenta anos. Antes, Paz-Andrade realiza un intenso traballo de investigación e documentación, de recompilación de textos e de consultas con testemuñas. No ano 1986, Ediciós do Castro tira do prelo a segunda edición, corrixida e aumentada, da que se parte para a que publicamos agora, outra volta revisada, co gallo do Día das Letras Galegas. "Valentín Paz Andrade, unha ducia de anos máis novo que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, coñeceu, conviviu e mesmo foi amigo de Castelao. Compartillaron un tempo, un proxecto e, xa que logo, había complicidade entre eles ata xullo de 1936. Logo o vento da intolerancia, dos outros, esgallounos. Con grande parte desa memoria, a súa autobiografía, e coa dos compañeiros que sobreviviron, que lle forneceron e complementaron datos, compuxo a biografía que aniñaba no seu maxín." (Do limiar de Miguel Anxo Seixas)
  • 61,21 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

The book belongs to the following catalogs

Other books in the subject Biografía: General: