-
25,01
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 60
- Format: 30x0,7x30,00 cm
- Edition: 1
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo.
- Weight: 0,29 kg.
- Editorial: ED. XERAIS DE GALICIA
-
Papeliños. Vacacións. 4 anos
-
9788499142791
-
-
-
-
-
-
O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo libre. Ademais, cambian os hábitos, as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares... Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos que trata, que eles vos expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido. Este material didáctico ten como finalidade: · Favorecer a vosa implicación na educación dos pequenos e das pequenas. · Reforzar e repasar os coñecementos adquiridos durante o curso. · Fomentar o traballo autónomo dos vosos fillos e fillas. · Exercitar aptitudes como: a memoria, a atención, a percepción, a coordinación, o razoamento lóxico, a comprensión e expresión oral... · Fomentar a comunicación e o diálogo con eles e con elas. · Reforzar hábitos adquiridos na escola (hixiene, alimentación, descanso, seguridade persoal...). · Desenvolver a creatividade. · Reforzar a aprendizaxe da lectoescritura. Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación.
-
25,01
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Aprendizaje Temprano/Conceptos De Aprendizaje Temprano:
-
21,81
USD
-
16,21
USD
-
15,68
USD
-
17,19
USD
-
28,06
USD
-
31,38
USD