Ficha
Books Frontpage O último día de Terranova
  • 31,43 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock
    • -

    • Unit(s)
    • Comprar

Features:

  • Pages: 256
  • Format: 22x14,5x2,00 cm
  • Edition Date: 2015
  • Edition: 1
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Weight: 0,394 kg.
  • O último día de Terranova

  • 9788499149417
  • Author: Manuel Rivas

  • A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, Vicenzo, o libreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia («O meu corpo é un manifesto!»), revive a propia historia e a da libraría, mentres tenta facer fronte á especulación e ao que el chama o Imperio do Baleiro. Terranova é un lugar de emoción e memoria. Foi porto de desembarco de libros descoñecidos ou prohibidos, unha especie de Ítaca entre Europa e América, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as «botellas ao mar» do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, Garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformará a vida de Terranova en tempos da chamada Transición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia, Bos Aires, Madrid, París, Lisboa..., xunto ao Pulmón de Aceiro, a Cámara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e a Liña do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría Terranova. O último día de Terranova é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humor da poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel.
  • 31,43 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

The book belongs to the following catalogs

Other books in the subject Ficción Moderna Y Contemporánea: