-
58,69
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 240
- Format: 2x17x24,00 cm
- Edition Date: 2016
- Edition: 12052016
- Language: Gallego.
- Binding: Libro.
- Weight: 0,73936 kg.
-
Química 2º Bach.
-
9788499951966
-
-
-
-
-
-
Os contidos do texto organízanse en oito temas. Nos Temas 1 e 2 trabállanse o segundo bloque do Currículo: ‘Orixe e evolución dos compoñentes do Universo’. Os Temas 3, 4, 5 e 6 correspó¿ndense co terceiro bloque: ‘Reaccións químicas’. O Tema 7 trata o cuarto bloque: ‘Síntese orgánica e novos materiais’. Ademais engádese o Tema 0 como repaso dalgúns aspecto fundamentais que se estudaron no Primeiro curso de Bahcarelato, por considerar que pode ser necesaria a súa revisión como punto de partida ou para a preparación da Avaliación Final de Bacharelato. O primeiro bloque do currículo, ‘A actividade científica’ traballarase de xeito simultáneo ao resto dos bloques. Así, todos os temas inclúen Prácticas de laboratorio, que permiten planificar, realizar, presentar e avaliar deseños experimentais. Polo mesmo propóñense Actividades TIC baseadas na realización de pequenos proxectos de investigación con procura, análise e elaboración de información, empregando as tecnoloxías de información e da comunicación como ferramenta. Estas actividades pódense realizar en grupo, polo coxunto da clase, ou individualmente. Con todo isto os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe do primeiro bloque cobran sentido en relación cos dos outros bloques e a química vincúlase coa presenza na vida cotiá e coas súas respercusións en numerosos ámbitos da sociedade actual. En cada tema faise un desenvolvemento teórico da materia, acompañado dunha serie de ‘Exercicios resoltos’ que pretenden servir de guía e axuda ao alumnado para traballar dos distintos estándares de aprendizaxe. Ademais, ao final de cada tema formúlanse unha serie de ‘Actividades propostas’ que pretenden enfrontar o alumnado a situacións problemáticas que deberán resolver pondo en xogo os saberes adquiridos. Estas actividades levan indicada a solución numérica para facilitar o traballo autónomo por parte das alumnas e alumnos e fomentar a competencia de aprender a aprender. Co fin de facer unha revisión do estudado, inclúense unha serie de ‘Actividades de repaso’ con solucións numéricas ao final de cada unidade. A maioría destas foron propostas nas PAU ( anos 2006 a 2015), porque se ben na LOMCE desaparecen as antigas probas de acceso á Universidade, ata o momento son a principal referencia de probas externa e poden servir para preparar a Avaliación Final de Bacharelato. Aínda que esta sexa tipo test é de esperar que a principal diferenza consista en que se pida a solución correcta entre varias propostas. Completa este texto os mapas conceptuais ao final de cada tema, que pretenden facilitar a integración e interiorización da unidade, e tamén un apéndice final coas principais constantes físicas e químicas, fácil de consultar para o alumnado.
-
58,69
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Didáctica: Química:
-
68,25
USD
-
81,64
USD
-
39,10
USD
-
53,43
USD
-
78,60
USD
-
60,62
USD