-
48,61
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
-
-
-
Unit(s)
-
Comprar
Features:
- Pages: 215
- Format: 21,5x14 cm
- Edition Date: 2019
- Edition: 27092019
- Language: Gallego.
- Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Cosido.
-
Manual práctico de galego
-
9788499953250
-
-
-
-
-
-
Nova edición corrixida. 2019 O Manual práctico de galego forma parte da colección que Baía Edicións dedica a poñer en mans das persoas interesadas en coñecer o noso idioma uns manuais de fácil comprensión, ao tempo que proporcionar uns textos para aqueles que precisen dunha forma rápida e segura resolver dúbidas a respecto da escrita do galego. O presente manual resulta un material didáctico moi eficaz para os cursos de iniciación e perfeccionamento do idioma galego promovidos polas nosas autoridades educativas e culturais tanto no noso país como naqueles territorios con poboacións de tradición galegofalante, para os cursos de formación de adultos en lingua galega, para a preparación de oposicións ás distintas administracións actuantes en Galiza, como repaso dos coñecementos adquiridos e complemento dos traballos de lingua para os últimos cursos da ESO, Bacharelato e Formación Profesional, e un texto de consulta inmediata para as persoas que xa fan do galego o seu medio vehicular de comunicación. O manual, que se adapta ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega en sesión plenaria do 12 de xullo de 2003, estrutúrase en dúas partes: unha de teoría, para coñecer os porqués, e outra máis práctica, cunha ampla proposta de exercicios. A súa solución recóllese ao final do manual, coa intención de axilizar a comprobación da exactitude das respostas dadas. Realizado coa intención de ensinar do xeito máis ameno posíbel, trata tamén de dar unha visión actualizada do galego de hoxe, e axudar a que o noso idioma sexa un vehículo lingüístico máis accesíbel e máis empregado, non só na fala, viva e forte a pesar dos atrancos que aínda na actualidade sofre, senón tamén na forma escrita, por desgraza, máis inusual.
-
48,61
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
In stock
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Gramática, Sintaxis Y Morfología:
-
28,88
USD
-
30,20
USD
-
41,12
USD
-
37,94
USD
-
16,95
USD
-
17,80
USD