Ficha
Books Frontpage República sideral
  • 22,04 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Features:

  • Pages: 210
  • Format: 21x14,6 cm
  • Edition Date: 2021
  • Edition: 03062021
  • Language: Gallego.
  • Binding: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • República sideral

  • 9788499953700
  • Authors: Lucia Rodriguez Cobo, María Esther Fernández Carrodeguas

  • Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic. O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles –con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo– e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos. Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoas manipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementos propios da cachaporra –con mocadas e pelexas sen escrúpulos. No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta: «Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas de diversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender un ben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, o noso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar a introducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinados feitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles de explicar. A comedia de cachaporra —tan deostada nos nosos tempos— antóllasenos de grande axuda para este cometido. Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade, pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra para desfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa interxeracional tras a caída do pano. Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dos protagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que van pasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar de semellares tan farsescas. Isto —por suposto— deberá de ser un estupendo motor de reflexión».
  • 22,04 USD

  • * Free shipping to US.


  • In stock

Other books in the subject Textos Teatrales (Infantil/Juvenil):