-
30,35
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
Features:
- Pages: 159
- Edition: 062012
- Language.
- Editorial: BAÍA ED
-
Marmeladas caseiras
-
9788499950433
-
-
-
-
-
-
Desde tempos remotos, descubrir como conservar os alimentos constituíu todo un reto para o ser humano, diso dependía poder eludir a cotiá tarefa de apañar ou cazar, permitindo gozar no inverno dos saborosos froitos de verán. Ao parecer, a primeira referencia escrita a unha marmelada aparece na Historia natural de Plinio (século I), onde se lle dedica algo máis que unha liña de texto nun tratado de dezasete tomos.;Até finais do século XIV non atopamos consignada a referencia seguinte, nun libro titulado Le Menagier de Paris (Traité de morale et d´économie domestique, composé en 1393 par un bourgeois parisien) atopamos receitas de froitos como os marmelos, confeitados en mel.;Hai que esperar ao século XIX para a gran difusión das marmeladas. Unha burguesía en pleno auxe imita o modo de alimentarse da aristocracia, aproveitando o progreso da agricultura, a dispoñibilidade de froitas boas e do abaratamento do azucre, até entón un produto de luxo.;Hoxe os andeis de calquera supermercado están cheos de marmeladas frecuentemente ateigadas de edulcorantes, conservantes e pectinas industriais, sen o aroma e a lixeira textura dunha confeitura feita na casa. A preparación dunha boa marmelada leva implícita unha gran variedade de posibilidades, o goce da creatividade e a satisfacción de poder ofrecer aos demais aquilo que un fixo coas súas mans. Un bote de marmelada é un delicado obsequio para un amigo que veña visitarnos ou unha familia que nos invitou a cear.;Pásanse moi bos momentos escollendo a froita, preparando os útiles necesarios, rexistrando as receitas nun caderno, debuxando as etiquetas e gardando con graza os botes nun andel onde poidan apreciarse.;O Servizo de Normalización Lingüística informa do libro no seu espazo web.;O xornal Galicia Confidencial fai eco da publicación de Marmeladas Caseiras.
-
30,35
USD
-
* Free shipping to US.
-
-
Not available
The book belongs to the following catalogs
Other books in the subject Cocina General Y Recetas:
-
22,52
USD
-
34,33
USD
-
22,18
USD
-
28,30
USD
-
24,03
USD
-
40,63
USD